O PP solicita a creación dunha mesa de reconstrución social económica para Poio

Poio
20 de maio 2020

Segundo explicou o portavoz dos populares, Ángel Moldes, esta mesa de estaría formada por persoal técnico municipal, representantes de todos os sectores económicos, culturais, deportivos e veciñais e composta tamén por un representante de cada grupo político

Ángel Moldes, alcalde de Poio
Ángel Moldes, alcalde de Poio / PP de Poio - Arquivo

O grupo municipal do Partido Popular en Poio vén de presentar unha moción que se debaterá no pleno deste mes na que solicitan a creación dunha "mesa económico-social" sobre Poio a causa da crise da covid-19.

Segundo explicou o portavoz dos populares, Ángel Moldes, esta mesa de estaría formada por persoal técnico municipal, representantes de todos os sectores económicos, culturais, deportivos e veciñais e composta tamén por un representante de cada grupo político.

"Que mellor que os sectores afectados para decidir sobre o futuro deles e de todos de forma consensuada e sempre pensando no benestar social e na reactivación económica de Poio? Hai que escoitalos e eles teñen que estar presentes e ser decisivos na toma das decisións", dixo.

O portavoz popular quere que os acordos acadado nesta mesa de reconstrución sexan as directrices e os eixos básicos de actuación da corporación.

"A resposta que temos que dar, como Concello, ten que ser no ámbito dos servizos sociais, no ámbito da reactivación económica de todos os sectores productivos, no ámbito da programación cultural, deportiva, etc. e en calquera ámbito que o necesite", recalca Moldes.

"Agora máis que nunca é momento de diálogo, de acordos e de consenso para afrontar, loitar e superar a unha crise sen precedentes", conclúe Moldes.