O PP solicita información sobre o atraso na reforma de Loureiro Crespo e O Castañal

Pontevedra
09 de novembro 2021

A concelleira do Partido Popular de Pontevedra Silvia Xunco rexistrou este martes unha petición para que na próxima Comisión de Obras o Concello achegue toda a información en relación a outro novo atraso na reforma da rúa Loureiro Crespo e do barrio de O Castañal

Silvia Junco e Rafa Domínguez na rúa Loureiro Crepo
Silvia Junco e Rafa Domínguez na rúa Loureiro Crepo /

A concelleira do Partido Popular de Pontevedra Silvia Xunco rexistrou este martes unha petición para que na próxima Comisión de Obras o Concello achegue toda a información en relación a outro novo atraso na reforma da rúa Loureiro Crespo e do barrio de O Castañal. 

Xunco lembra que se está superando o prazo de entrega da obra "en más del doble", e sinala que "la incapacidad del Concello para acabar las obras en tiempo y plazo le está costando dinero a los pontevedreses", dixo a edil popular, en relación aos sobrecustos xerados polos atrasos.

Este martes, na Comisión de Queixas e Suxerencias, tratáronse denuncias de veciños por problemas de convivencia e benestar xerados por estas obras.

O PP local expresou a súa "preocupación" por este atraso e pola "inseguridad" que xera para os veciños o ter unha obra "que parece enquistada". 

Os populares instan a que "se rematen las obras y se ponga solución a ciertos socavones y partes en las que ya se han producido caídas".