O PP tacha de "tremendamente irresponsables" as declaracións de Carmela Silva sobre os datos da pandemia

Pontevedra
19 de setembro 2020

O portavoz provincial do Partido Popular, Jorge Cubela, censurou as declaracións da presidenta provincial nas que acusaba á Xunta de Galicia de ocultar datos

Comparecencia dos deputados do grupo provincial do PP
Comparecencia dos deputados do grupo provincial do PP / Mónica Patxot

O portavoz provincial do Partido Popular, Jorge Cubela, saíu ao paso este sábado das declaracións da presidenta da Deputación, Carmela Silva, nas que acusaba á Xunta de ocultar datos da pandemia de Covid-19.

Cubela censurou estas manifestacións asegurando que "é dunha irresponsabilidade tremenda" acusando á presidenta provincial de realizar un "uso partidista e interesado" da crise sanitaria.

"Dubidamos que ela considere que sexa de axuda crear esta desconfianza e medo entre a cidadanía no medio da crise sanitaria", sinalou o portavoz popular.

Por todo iso "lamentamos esta actitude. Parece que para si mesma non aplica esa lealdade institucional que pedía, porque desde logo con estas declaracións a presidenta da Deputación non está á altura", concluíu Jorge Cubela.