O PP urxe un convenio "xusto" para a posta en marcha de ludotecas públicas

Pontevedra
05 de maio 2022

O Partido Popular de Pontevedra rexistrou unha solicitude para que se celebre unha Comisión de Educación de maneira urxente e extraordinaria

Silvia Junco, concelleira do PP de Pontevedra
Silvia Junco, concelleira do PP de Pontevedra / Mónica Patxot

O grupo municipal do Partido Popular pediu unha convocatoria extraordinaria e urxente da comisión de Educación tras coñecerse que Pontevedra pode quedar sen ludotecas públicas este verán. 

A concelleira do PP, Silvia Junco, sinalou que "no entendemos cómo el Concello no es capaz de acercar posturas cuando tantas familias de Pontevedra dependen de este tipo de actividades para conciliar su vida durante el verano" e engadiu que "si hay que sacar el dinero de otro lado, que lo hagan ya".

O vindeiro luns, a edil popular reunirase coa federación de ANPA de centros públicos da provincia de Pontevedra, co fin de coñecer os detalles da negociación.

Junco lembrou que a Fanpa xa alertara da posibilidade de non renovar o convenio debido ao incremento dos custos e do salario mínimo profesional. "Esta situación es el resultado de la falta de trabajo y previsión por parte de esta concejalía", recalcou a edil.

O PP esixe "seriedad y compromiso" ao goberno local e úrxelle a "buscar soluciones para la puesta en marcha del servicio de ludotecas" coa sinatura dun convenio "justo".