O PP ve "pouco ambicioso" o campo de fútbol de Cerponzóns e denuncia o seu atraso

Pontevedra
22 de marzo 2017

Para o Partido Popular é "fundamental" que Cerponzóns dispoña dun novo campo de fútbol no lugar de Chan do Monte, pero consideran que o proxecto que executarán o Concello e a Deputación é "pouco ambicioso" e chega ademais "con 28 meses de atraso" ao previsto nun principio

Jacobo Moreira, no campo de fútbol de Cerponzóns
Jacobo Moreira, no campo de fútbol de Cerponzóns

Para o Partido Popular é "fundamental" que Cerponzóns dispoña dun novo campo de fútbol no lugar de Chan do Monte, pero consideran que o proxecto que executarán o Concello e a Deputación é "pouco ambicioso" e chega ademais "con 28 meses de atraso" ao previsto nun principio.

O proxecto comprometido polo anterior goberno provincial, lembran os populares, ía incluído nunha actuación global que pretendía converter Chan do Monte é un espazo de lecer para toda a familia, "ao poñer en valor as instalacións anexas xa existentes".

Jacobo Moreira celebra que "por fin" se inicie o proceso para comezar as obras, despois de "moitas idas e vindas" entre as dúas administracións.

Para o portavoz do PP "chove sobre mollado" porque a obra "xa tiña que estar terminada" e considera que cos prazos que se manexan "moito nos temenos" que para a próxima tempada "tampouco se poderá gozar deste novo campo"

"O BNG de Lores debe poñerse as pilas dunha vez por todas para que a nefasta xestión de 2016 non se volva a producir xamais", asegurou Moreira.

O edil popular lembra que non só Cerponzóns debía contar xa cun novo campo, senón que tamén Santa María de Xeve onde os veciños, denuncia, "aínda corren peor sorte".