O Príncipe de Asturias presidiu a conmemoración do XXV aniversario da entrega de Despachos na Escola Naval

Marín
27 de setembro 2013

O Comandante Director da Escola Naval dirixiuse ao Príncipe Felipe pedíndolle que "transmitais al primer marino de España, a vuestro padre, los deseos sinceros de todos los que integramos esta Escuela Naval de una pronta recuperación"

Conmemoración do XXV aniversario da entrega de Despachos na Escola Naval
Conmemoración do XXV aniversario da entrega de Despachos na Escola Naval /

A Escola Naval Militar de Marín celebrou este venres, os actos conmemorativos correspondente ao vinte e cinco aniversario da entrega dos Reais Despachos aos Alféreces de Navío e Tenentes, que recibiron os seus empregos como Oficiais no ano 1988. O acto, celebrado no interior do ximnasio debido ás adversas condicións meteorolóxicas, tivo unha relevancia especial ao estar presidido por S.A.R. o Príncipe de Asturias.

Dáse a circunstancia de que esta promoción é a anterior á do propio Don Felipe, segundo explicaron fontes oficiais da Escola Naval.

O propio Comandante Director desta Escola, Juan Luis Sobrino Pérez-Crespo, dirixiuse no seu discurso ao Príncipe sinalando que "con ellos compartisteis muy diversas singladuras en ésta vuestra casa" e lle agradeceu "el gran gesto que hacéis al querer acompañarles hoy aquí".

A cerimonia castrense deu comezo ás 12:50 horas coa incorporación da bandeira e a posterior revista ao batallón de alumnos. Previamente tivo lugar a celebración da misa no salón de actos da Escola, á que asistiron os compoñentes da Brigada do 88 xunto as súas esposas e familiares, seguida dunha ofrenda á Virxe do Carmen.

Os homenaxeados foron en torno a 150 veteranos, compoñentes das promocións 388 do Corpo Xeral, 118 de Infantaría de Mariña e 63 de Intendencia, así como outros compoñentes de promocións de Oficiais dos Corpos Militares de Sanidade que recibiron o seu despacho o mesmo ano, efectuaron a homenaxe á bandeira, desfilando dun nun, entre aclamacións e aplausos, para bicar a insignia nacional bicándoa dun en un.

Durante o acto militar os presentes entoaron a Salve Marinera, o himno aos caídos e o da Armada. Igualmente as súas mulleres repetiron o xesto bicando á bandeira.

Finalmente o Comandante Director dirixiuse ao Príncipe Felipe pedíndolle que "transmitais al primer marino de España, a vuestro padre, los deseos sinceros de todos los que integramos esta Escuela Naval de una pronta recuperación".