O programa de atención integral realizado pola Asociación Amizade alcanzou a máis de 70 persoas con discapacidade

Pontevedra
04 de xaneiro 2024

Grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF procedentes das persoas que marcaron o cadro de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social” e á xestión de COGAMI, é posible seguir facendo este proxecto

Actividade do programa de atención integral realizado pola Asociación Amizade
Actividade do programa de atención integral realizado pola Asociación Amizade

A asociación Amizade, de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra, levou a cabo durante o 2023 o programa de atención integral para persoas con discapacidade, o cal consiste en ofrecer unha serie de servizos e actividades que buscan a mellora da calidade de vida e da autonomía persoal das persoas con discapacidade.

As beneficiadas foron máis de 70 persoas con discapacidade física, intelectual, sensorial, orgánica, mental ou mixta, así como as súas familias e a contorna. 

Dentro dos servizos e actividades máis demandados e prestados atópanse fisioterapia, logopedia, apoio psicolóxico, ximnasio adaptado, obradoiro de ocio, servizo de información e asesoramento, reunións de empoderamento da muller con discapacidade, saidas de ocio, entre outras.

Tamén se realizan charlas de sensibilización en colexios e reunións de incidencia política, así como un servizo de accesibilidade para quen o precise. 

Dende a asociación, animan a todas as persoas a que marquen o cadro da X Solidaria para que programas como éste poidan seguir existindo e dando cobertura a aquelas necesidades presentes na sociedade.

Amizade creouse no ano 1988 promovendo e defendendo os dereitos das persoas con discapacidade así como a súa inclusión nos diferentes ámbitos da vida. Forma parte da Confederación Galega de persoas con discapacidade (COGAMI).

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora