O programa 'Masterchef' elixe como estudio ás Rías Baixas

Poio
26 de marzo 2014

O mexillón centrou o reto culinario dos cociñeiros que participan neste talent show. Para iso os concursantes tiveron que recoller este molusco en orixe, directamente das cordas. Obtida a materia prima tocou cociñar os mexillóns, para o que acudiron a Poio ata o restaurante de Pepe Vieira

Xurado del programa 'Masterchef'
Xurado del programa 'Masterchef'

A segunda tempada do programa de Televisión Española 'Masterchef' grávase estes días en diferentes escenarios das Rías Baixas.

Segundo informan dende Shine Iberia, a produtora do programa, para esta nova edición, ademais do impresionante estudio e os tres xuíces implacables, os concursantes enfróntanse a novos retos e espectaculares exteriores, onde terán que cociñar en condicións adversas e servir aos padais máis esixentes. Aquí é onde encaixan as Rías Baixas.

O mexillón centrou o reto culinario dos cociñeiros que participan neste talent show. Para iso os concursantes tiveron que embarcar no barco Chapelo Segundo, de Alexandre Aguín, que ademais de concelleiro do Grove é bateeiro, e recoller este molusco en orixe, directamente das cordas. O percorrido pola vila meca incluíu unha visita ao Museo da Pesca e a Salgadura para gravar imaxes para o programa.

Obtida a materia prima tocou cociñar os mexillóns, para o que acudiron a Poio ata o restaurante de Pepe Vieira. Encargouse de supervisar o reto o estrela Michelín, Xosé Torres Cannas, que xa gañou algún premio polo seu elaborado "mexillón en escabeche de mandarina e nitro compota xeada de mazá".