O programa 'Tira do Lazo' logra o seu obxectivo e supera os 300 cómplices para axudar aos Reis Magos

Pontevedra
24 de decembro 2014

Era o obxectivo inicial da campaña posta en marcha pola Asociación 365 Sorrisos. Ata o día 30 de decembro segue habilitada a recollida de xoguetes de segunda man

Recollida de xoguetes no local habilitado pola Asociación 365 Sorrisos
Recollida de xoguetes no local habilitado pola Asociación 365 Sorrisos / PontevedraViva

Ningún neno pontevedrés quedará sen estrear regalo este nadal grazas á solidariedade dos cidadáns e ao traballo da Asociación 365 Sorrisos.

O sistema 'Tira do lazo' logrou superar o seu obxectivo, os 300 cómplices que colaborarán cos Reis Magos comprando regalos aos nenos de familias sen recursos.

Moitos deles, tras coñecer de man dos Magos de Oriente as peticións dos menores, xa fixeron chegar o seu regalo ao local que a asociación habilitou na praza de Valentín García Escudero, local que permanecerá aberto de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas ata o día 30 de decembro.

Ata ese día tamén se poderá doar xoguetes usados nunha recollida na que colaboran diversos comercios ou colectivos como os Bombeiros de Pontevedra.