O PSOE agarda que a mesa de traballo sobre o futuro de ENCE sirva para "chegar a acordos"

Pontevedra
20 de abril 2021

O tenente de alcalde, Tino Fernández, aplaude a "determinación" da ministra Teresa Ribera para convocar unha reunión que os socialistas levan anos demandando e na que defenderán a continuidade de Ence na comarca pero non na ría

Fábrica de Ence en Lourizán
Fábrica de Ence en Lourizán / Mónica Patxot

A mesa de traballo sobre o futuro de Ence organiza este mércores a súa primeira reunión, sobre a que o tenente de alcalde de Pontevedra, o socialista Tino Fernández, mostrouse esperanzado e con confianza en que sirva para deseñar unha folla de ruta que permita que a empresa e os postos de traballo continúen na comarca.

Para conseguilo, Fernández pide a todos os participantes que acudan con "vontade real para chegar a acordos".

O concelleiro aplaudiu tamén a "determinación" do Goberno e da ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, para facer realidade unha iniciativa que os socialistas de Pontevedra levan demandando desde hai anos. 

Con todo, Tino Fernández non puido ocultar a súa preocupación "ante a actitude un tanto díscola e arrogante que está a manter a Xunta". Neste sentido quixo poñer en valor o papel do seu partido para "facer de pegamento entre posturas enquistadas".

A única liña vermella que manteñen os socialistas é "Ence si, pero non aí". 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora