O PSOE de Marín quere coñecer os contratos dos aparcamentos

Marín
18 de decembro 2020

"Queremos coñecer por que a uns abónaselles un alugueiro mensual e a outros non e tamén a que compromisos chegou o Concello con cada un deles", indicou o edil do PSOE

Parcela privada destinada a aparcamento público en Marín
Parcela privada destinada a aparcamento público en Marín / PSOE de Marín

O grupo municipal do PSOE ven de reiterar a súa solicitude dunha copia dos contratos asinados entre o Concello de Marín e os propietarios das parcelas destinadas a aparcamento de vehículos.

Segundo o portavoz socialista Manuel Pazos ata a data unicamente facilitaron dous contratos dos doce existentes. "Queremos coñecer por que a uns abónaselles un alugueiro mensual e a outros non e tamén a que compromisos chegou o Concello con cada un deles", indicou o edil do PSOE.

A cuestión foi trasladada á concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín e nun pleno á propia alcaldesa María Ramallo.

Para Manuel Pazos "este escurantismo non presaxia nada bo".

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora