Os comedores escolares e o plan madruga seguirán funcionando en Sanxeno no inicio do curso escolar. Mentres cidades como Vigo ou Pontevedra suprímenos, a vila turística seguirá ofrecendo un servizo moi demandado polas familias. Con todo, a portavoz do PSOE, Ainhoa Fervenza, denuncia que teñen que ser as ANPAS a que asuman a xestión destas tarefas ante a "inacción" do Concello.
"O Concello debería ser quen asuma a súa xestión para poder ofrecer as máximas garantías de seguridade como administración competente", reclama a socialista.
Fervenza encomia a " actitude proactiva" das asociacións de pais, ao mesmo tempo que advirte de que a estas entidades non lles corresponde " ter sobre as súas cabezas a espada de Damocles", alerta ante a posibilidade de ser sinaladas como responsables por un posible brote de coronavirus.
A federación de Anpas esixía á Xunta que se fixese responsable destes dous servizos, algo que polo momento non se produciu e que levou aos colectivos de Pontevedra e Vigo a prescindir do mesmo.
Os socialistas esixen ao alcalde Telmo Martín que "baixe ao lodo e non quede non seu despacho agardando a que outros fagan o seu traballo".