O Partido Socialista de Sanxenxo critica a "falta de sensibilidade cultural" do goberno local por destinar a uso gastronómico o Pazo de Quintáns. Desde a oposición cuestionan a idoneidade de investir millóns de euros na posta en marcha dun proxecto gastronómico que competirá coa hostalería local.
A portavoz socialista, Ainhoa Fervenza, ataca ao alcalde Telmo Martín por rexeitar de forma reiterada as oportunidades que se lle presentan para tomar iniciativas que contribúan a desestacionalizar o turismo.
Critícao tamén por fomentar o cliché de Sanxenxo como municipio turístico de praia e gastronomía, que contribúe a empobrecer o seu amplo patrimonio cultural.
Reclaman os socialistas destinar este inmoble ao ámbito cultural, habilitando nel o primeiro espazo museístico de Sanxenxo.