O PSOE insta a Lores a mediar para que os escolares con diabete poidan entrar nos cines con mochila

Pontevedra
07 de xullo 2016

A socialista Paloma Castro afirma que a actitude dos cines é inadmisible e atenta contra os dereitos das persoas con doenzas como a diabete ou as enfermedades intestinais, lembrando que as persoas con estas enfermidades non lean as mochilas por capricho

Iván Puentes, Agustín Fernández e Paloma Castro, na sala de prensa do Concello
Iván Puentes, Agustín Fernández e Paloma Castro, na sala de prensa do Concello / PontevedraViva

O grupo municipal socialista levará ao próximo pleno a polémica dos cinemas de Pontevedra en Vialia, onde a xerencia nega o acceso de mochilas de persoas que sofren diabetes ou doenzas intestinais e que precisan do material no caso de que sufran algunha situación de urxencia.

Ante esta situación, a concelleira do PSOE, Paloma Castro, considera que a actitude dos cinemas é inadmisible e atenta contra os dereitos das persoas con estas doenzas. Desde as filas socialistas sinalan que estes pacientes non levan as mochilas por capricho e van perfectamente identificados. Desta maneira recollen as peticións das asociacións Anedia (Asociación de nenos e meniñas con diabete de Galicia) e Asseii (Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal).

Na moción, os socialistas piden ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que actúe: "Non pode estar gabandose de que temos unha cidade inclusiva (cousa que é certa) e logo quedarse quieto ante estas situacións", sinala Paloma Castro.

O alcalde xa manifestou a estes colectivos que se puxo en contacto cos cinemas para trasladarlles esta demanda.