O PSOE insta o goberno local a paralizar a privatización da xestión do abastecemento de auga

Pontevedra
14 de setembro 2017

"A actitude do alcalde e do BNG é incomprensible", sinalou Tino Fernández, portavoz municipal dos socialistas que acusa ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores de mudar de opinión e de ir en contra do que defendía cando estaba na oposición hai vinte anos, e mesmo do que pon o programa electoral do BNG

Estación de bombeo no río Lérez
Estación de bombeo no río Lérez / Mónica Patxot

O grupo municipal do PSOE no concello de Pontevedra, defenderá unha proposta no pleno do venres para paralizar o proceso de privatización da xestión do abastecemento de auga.

"A actitude do alcalde e do BNG é incomprensible", sinalou Tino Fernández, portavoz municipal dos socialistas que acusa ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores de mudar de opinión e de ir en contra do que defendía cando estaba na oposición hai vinte anos, e mesmo do que pon o programa electoral do BNG.

Tino Fernández sinala que "a remunicipalizacion estase a facer en toda España aproveitando o fin das concesións" e cita como exemplo Valladolid, Picassent ou Terrasa, ademáis de outras capitais europeas coma París ou Berlín.

Os socialistas veñen insistindo na necesidade de facer un estudio de custes para saber realmente cal é sistema máis eficiente.