A primeira fase do proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada PO-308 entre Sanxenxo y A Lanzada, que se licitou hai escasas semanas, debería incluír medidas extra de seguridade. Así o considera o PSOE e así o recolle nunha iniciativa presentada no Parlamento de Galicia.
Os deputados socialistas no Parlamento piden que a Xunta de Galicia inclúa varios pasos de peóns no tramo proxectado, que mellore a seguridade viaria na zona do campo de fútbol e o aparcamento da Lanzada e que amplíe o proxecto ata a rotonda de O Bao para solucionar o problema do paso de peóns de As Salinas.
Na iniciativa parlamentaria recorda que recentemente a Dirección Xeral de Tráfico incluíu, por primeira vez, á PO-308 na listaxe de tramos de estradas convencionais especialmente perigosas e, a diferenza do que ocorre con outros puntos negros da rede viaria pontevedresa, no caso da estrada da costa a cualificación de "especialmente perigosa" abarca á práctica totalidade do trazado entre Poio e A Lanzada, en Sanxenxo.
O informe recolle que a velocidade é un dos compoñentes fundamentais que determina a maior ou menor incidencia na sinistralidade viaria, a gravidade e o grao de lesión das vítimas en caso de accidentes. Á hora de incluír á PO-308 nesta listaxe, realizouse un seguimento de todos os accidentes graves que se produciron nos últimos meses e da velocidade media de circulación.
Ante esa cualificación, o PSOE de Sanxenxo recorda que xa no pasado denunciaron que a estrada autonómica PO-308 é extremadamente perigosa en varios puntos, fundamentalmente pola falla de medidas dos últimos anos por parte do goberno da Xunta de Galicia.