O PSOE pide habilitar un aparcamento disuasorio entre Eduardo Pondal e Doce de Novembro

Pontevedra
16 de outubro 2018

A entrada en funcionamento dos novos xulgados da Parda traerá consigo, segundo o PSdeG-PSOE, un aumento considerable da necesidades de aparcamento no barrio. De aí que propoñan habilitar un estacionamento disuasorio e gratuíto

Parcelas dos arredores de Doce de novembro
Parcelas dos arredores de Doce de novembro

A entrada en funcionamento dos novos xulgados da Parda traerá consigo, segundo o PSdeG-PSOE, un aumento considerable da necesidades de aparcamento no barrio. De aí que propoñan habilitar un estacionamento disuasorio e gratuíto.

O lugar que suxiren é a parcela municipal na unidade de actuación 18, entre Eduardo Pondal e Doce de Novembro que, nun principio, ía acoller o novo centro de recursos educativos da ONCE e que regresou a mans do Concello tras rescindirse o convenio coa entidade social.

É un espazo de máis de 5.000 metros cadrados que, actualmente, está sen uso e na que poderían coller máis de 200 vehículos, segundo os cálculos que fan os socialistas.

Este aparcamento tamén é necesario, di o voceiro do PSdeG-PSOE, ante a redución de prazas polas obras para ampliar a beirarrúa no treito de Eduardo Pondal entre Filgueira Valverde e Uxío Novoneyra.

Con todo, Tino Fernández sinala que o maior problema foi a falla de previsión da Xunta coa obra de ampliación dos xulgados. "Se xa agora é difícil atopar onde deixar o coche cando se vai ao xulgado, coa ampliación a cousa vaise a complicar moito máis", dixo.

"Non se entende como se poden ampliar os xulgados sen ter prevista a maior afluencia de vehículos. A zona pode converterse nun caos se non se atopan solucións", engadiu Fernández, que pedirá nunha moción ao pleno que o goberno municipal habilite este aparcamento disuasorio, aliviando así a carga de tráfico dos que buscan un lugar para deixar os coches.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora