O PSOE pide medidas urxentes ante a proliferación de gatos abandonados na cidade

Pontevedra
25 de maio 2018

O grupo municipal do PSOE de Pontevedra presentou unha moción para o seu debate no próximo pleno da Corporación na que insta ao goberno local a tomar a iniciativa na protección animal no municipio en xeral e a adoptar medidas urxentes ante a proliferación de gatos abandonados na cidade 

Gatos na praza da Pedreira
Gatos na praza da Pedreira / Mónica Patxot

O grupo municipal do PSOE de Pontevedra presentou unha moción para o seu debate no próximo pleno da Corporación na que insta ao goberno local a tomar a iniciativa na protección animal no municipio en xeral e a adoptar medidas urxentes ante a proliferación de gatos abandonados na cidade. 

A concelleira Paloma Castro considera que "a protección animal é moi mellorable no noso concello" e lembra que en xaneiro de 2017 o Pleno aprobou por unanimidade a redacción dunha ordenanza especifica de protección animal da que, 17 meses máis tarde, non se sabe nada.

Na súa opinión, as axudas do concello son insuficientes e a dedicación do goberno a un tema que preocupa a moita xente é moi escasa, pois non basta coa axuda económica para o mantemento da canceira, senón que se necesita unha maior implicación do goberno ante una situacion que día a día vaise facendo mais problemática. 

A socialista considera que é especialmente preocupante a situación en relación coa poboación de gatos na cidade, de modo que insta ao goberno local a aprobar con urxencia unha Ordenanza Municipal de Protección e Coidado Animal contando coas aportacions que poidan facer os diferentes grupos políticos e entidades de defensa e protección animal, pero, mentres non estea en vigor, e debido á situación de urxencia creada pola proliferación do número de gatos abandonados, demanda otras medidas.

Así, reclama a realización de campañas fomento da adopción, a colocación de casetas e carteis informativos nas colonias e a elaboración dun protocolo de actuación para a Policía Local para que colabore na loita contra o abandono e saiba como actuar ante as diferentes situacións.