O PSOE pide que o pleno para elixir a Martín alcalde se traslade de sede para dar cabida aos veciños

Sanxenxo
30 de maio 2017

O pleno extraordinario no que será eligido novo rexedor Telmo Martín tras o pacto de goberno asinado entre o PP e SAL está previsto para este mércores 31 de maio ás 20.00 horas e o PSOE pediu por rexistro que se celebre no auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán, con capacidade para 300 persoas  

Pleno de renuncia de Gonzalo Pita como alcalde de Sanxenxo
Pleno de renuncia de Gonzalo Pita como alcalde de Sanxenxo / Mónica Patxot

O PSOE de Sanxenxo quere que as escenas vividas no pleno deste luns no que se oficializou a renuncia de Gonzalo Pita como alcalde non se repitan. No salón de plenos da casa consistorial había unha 60 persoa como público, pero outras 200 quedaron fóra e os socialistas cren que o vivido ás portas do edificio "foi un espectáculo bochornoso", de modo que piden un cambio de localización para a sesión plenaria na que Sanxenxo estreará alcalde. 

O pleno extraordinario no que será eligido novo rexedor Telmo Martín tras o pacto de goberno asinado entre o PP e SAL está previsto para este mércores 31 de maio ás 20.00 horas e o PSOE pediu por rexistro que se celebre no auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán, con capacidade para 300 persoas.

A portavoz socialista, Coral González-Haba Pérez, presentou este martes no rexistro municipal a petición criticando que "en todos os plenos entra moitísima máis xente", para evitar que suceda o do luns e partindo da base de que "os plenos teñen que ser abertos a todos os veciños". 

Consideran que a actualidade política de Sanxenxo suscitou moito interese veciñal e que, desta forma, o aforamento será maior e máis veciños poderán presenciar a sesión plenaria sen ter que quedar na porta aporreando a porta como ocorreu este luns nin esperando aos políticos para apupalos.