O PSOE pontevedrés apoia de maneira maioritaria o acordo de goberno con Unidas Podemos

Pontevedra
24 de novembro 2019

O sábado foi xornada de votación para os militantes do Partido Socialista, que estaban chamados a unha consulta interna para referendar o pacto de goberno subscrito entre Pedro Sánchez e Pablo Iglesias. En Pontevedra tiñan dereito a voto 235 militantes

Consulta do PSOE en Pontevedra sobre o pacto de goberno con Unidas Podemos
Consulta do PSOE en Pontevedra sobre o pacto de goberno con Unidas Podemos / Diego Torrado

Este sábado foi xornada de votación para os militantes do Partido Socialista, que estaban chamados a unha consulta interna para referendar o pacto de goberno subscrito con Unidas Podemos tras as últimas eleccións xerais.

Tratábase dunha consulta a nivel estatal, que por suposto tivo tamén incidencia a nivel local en Pontevedra.

Na sede do barrio pontevedrés de San Roque estaban chamados ao voto 235 militantes socialistas, que apoiaron maioritariamente o acordo asinado entre Pedro Sánchez e Pablo Iglesias.

En concreto 149 militantes exerceron o seu dereito, 22 deles de maneira telemática, dos cales 139 foron favorables ao pacto de goberno, 8 foron negativos e 2 en branco.

Entre os militantes que acudiron a votar presencialmente á sede do PSOE en Pontevedra atopábanse algúns dos cargos da organización como a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, ou o secretario local Tino Fernández.