O PSOE quere que o alcalde dea explicacións da súa reunión con Feijóo na xunta de voceiros

Pontevedra
12 de agosto 2015

O voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE, Agustín Fernández, solicitou unha reunión urxente da Xunta de voceiros, co obxecto de que o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, proceda a explicar a proposta de acordo con Sogama para o pago da débeda asi como os asuntos que foron tratados na entrevista co Presidente da Xunta

Agustín Fernández xunto os outros dous edís do PSOE, Paloma Castro e Iván Puentes
Agustín Fernández xunto os outros dous edís do PSOE, Paloma Castro e Iván Puentes / Mónica Patxot

O voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE, Agustín Fernández, solicitou unha reunión urxente da Xunta de voceiros, co obxecto de que o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, proceda a explicar a proposta de acordo con Sogama para o pago da débeda asi como os asuntos que foron tratados na entrevista co presidente da Xunta.

Segundo Agustín Fernández a Xunta de Portavoces "non pode ser un simple instrumento que se reuna para establecer unha orde do día" senón que "debe ser un órgano de consenso e valoración e tamen de aportación de propostas que reforcen o papel de Pontevedra no contexto nacional e estatal".

O voceiro socialista cre que "ata o de agora o alcalde Lores e o BNG seguen pechados na sua aldea mental e fanlle un fraco favor aos milleiros de persoas que confiaron neles para gobernar".

Nesta liña o grupo municipal do PSdeG cre que o alcalde está "obrigado a dar conta do tratado co presidente " e valorar co resto dos portavoces os acordos acadados.