O grupo municipal do Partido Socialista reclama un "evento de categoría" para a programación das festas de verán de Sanxenxo para poñer á vila turística "na orbita das grandes festas, certames ou espectáculos".
A portavoz socialista Ainhoa Fervenza considera que un concello coma Sanxenxo debe ter deseñada unha programación cultural, "ao marxe do traballo doutras administración coma a Deputación de Pontevedra", que serva para ser "referentes e ampliar a tempada de verán".
Engade Fervenza que "de non ser polo traballo das comisión de festas, asociacións culturais e mesmo accións de empresas privadas adicadas a cultura de Sanxenxo non teríamos ningún evento distintivo no noso territorio". Apunta que o Goberno do alcalde Telmo Martín "acaba de aniquilar festas coma a Festa da Raia, ou a Concentración de Motos, que necesitaban do seu impulso".
"Sanxenxo o único que posúe é un eslogan baleiro de contidos", sentenza.
Por último, o PSdeG solicita a Concelleira de Cultura "que sexa quen de poñerse a traballar nun programa cultural que cubra un abano amplo de sensibilidades, facendo especial atención nos que están nunha gama de cores distintos aos de Kiko Rivera".