O público infantil goza co Festival Chalaniña en Lourido

Poio
27 de xullo 2023

O piñeiral de Lourido acolle ata o vindeiro sábado o festival infantil, con maxia, música e teatro de monicreques para diversión do público máis novo 

Festival Chalaniña en Lourido
Festival Chalaniña en Lourido /

Non fixo máis nada que empezar pero o Festival Chalaniña está a deixar unha gran sensación pola súa acollida no Concello de Poio.

A proposta para o público máis novo da casa se polongará con diversas propostas ata este próximo sábado 29 de xullo no piñeiral da praia de Lourido.

O encargado de abrir a nova edición do festival foi este mércores o Mago Noel.

A música tomaba a testemuña este xoves coa actuación de Pakolas a partir das 19.30 horas, e continuará este venres ás mesma hora con Cé Orquestra Pantasma.

Por último para o sábado a última traca de Chalaniña terá lugar no parque Costa Xiráldez con teatro de monicreques, a cargo da compañía Fantoches Baj.