O público que acode á Feira da Cebola "fai máis fotos que compras"

Sanxenxo
04 de setembro 2020

Este venres 4 de setembro é Santa Rosalía festa patronal en Sanxenxo. A situación sanitaria derivada da pandemia trastornou todos os plans e a programación habitual do municipio tamén se viu afectada pola situación sanitaria. Unha das citas tradicionais que se mantén é a Feira da Cebola aínda que este ano prescíndese do concurso e da entrega das Cebolas de Ouro

Feira da Cebola
Feira da Cebola / PontevedraViva

Este venres 4 de setembro é Santa Rosalía festa patronal en Sanxenxo. A situación sanitaria derivada da pandemia trastornou todos os plans e a programación habitual do municipio tamén se viu afectada pola situación sanitaria.

Unha das citas tradicionais que se mantén é a Feira da Cebola aínda que este ano prescíndese do concurso e da entrega das Cebolas de Ouro.

Segundo explicou a concelleira de Cultura, Paz Lago a intención do Goberno local foi "manter a esencia da Feira que é a exaltación dos produtos propios da horta".

Así, con todas as medidas de seguridade necesarias, a Praza dos Barcos acolle este venres 40 postos que desde primeira hora tiveron unha gran afluencia de visitantes.

"Fai máis fotos que compras", comentaba unha das vendedoras sobre o público que acode á Feira.

O ambiente está a ser moi animado e por momentos houbo que facer cola para poder acceder ao recinto.

Ás dez da noite está previsto un concerto da Banda de Música de Sanxenxo na praza dos Barcos.