O punto de cribado covid do Sergas en Marín situarase finalmente no Museo Manuel Torres

Marín
07 de xaneiro 2022

O servizo de test de antíxenos gratuíto entrará en funcionamento o vindeiro luns 10 de xaneiro, sendo necesario solicitar cita previa

Punto de realización de test de antíxenos de saliva no Pazo da Cultura de Pontevedra
Punto de realización de test de antíxenos de saliva no Pazo da Cultura de Pontevedra / Mónica Patxot

Marín contará a partir do próximo luns 10 de xaneiro cun punto gratuíto de realización do test de antíxenos de detección da covid, pero a súa localización non será a anunciada inicialmente.

Segundo confirmou o Concello, que ía acoller o punto de cribado, este habilitarase finalmente no Museo Manuel Torres.

Para acceder a este servizo será necesario solicitalo previamente a través do servizo de autocita do Sergas.

O horario de actividade, do mesmo xeito que nos puntos que habilitarán na Sala Nauta de Sanxenxo e no edificio da Tafona de Caldas de Reis xunto aos xa existentes do Pazo da Cultura de Pontevedra e auditorio de Vilagarcía, será de luns a domingo entre as 8.30 e as 13.40 horas e entre as 15.30 e as 20:40 horas.