O que máis nos gusta de Sanxenxo decora a oficina de turismo do municipio

Sanxenxo
29 de xuño 2020

Ata 28 debuxos decoran xa a entrada da oficina de Turismo de Sanxenxo. Son as creacións recibidas a través da iniciativa Debuxa Sanxenxo. Este programa convidaba os participantes a plasmar nun papel o que máis lles gustaba de Sanxenxo

Debuxos na oficina de turismo de Sanxenxo
Debuxos na oficina de turismo de Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

Ata 28 debuxos decoran xa a entrada da oficina de Turismo de Sanxenxo. Son as creacións recibidas a través da iniciativa Debuxa Sanxenxo.

Este programa convidaba os participantes a plasmar nun papel o que máis lles gustaba de Sanxenxo, o seu mellor recordo do municipio ou o primeiro lugar ao que volverían xunto co arco iris da campaña #TodoEstoPasará.

Os participantes poderán pasar a recoller o kit de pintura pola oficina de turismo, situada no porto deportivo, un pequeno premio co que o Concello de Sanxenxo quere premiar o talento dos máis pequenos da casa.

No concurso participaron nenos e nenas de distintos puntos de España e do propio municipio.