O rebentón dunha tubaxe provoca unha inundación na rúa Joaquín Costa

Pontevedra
07 de xuño 2023

O suceso produciuse ao redor das 13.30 horas deste mércores 7 de xuño e obrigou a intervir con urxencia aos operarios de Viaqua

Asolagamento en Joaquín Costa polo rebentón dunha tubaxe
Asolagamento en Joaquín Costa polo rebentón dunha tubaxe / Diego Torrado

Unha avaría nas canalizacións de auga provocou este mediodía unha aparatosa inundación na céntrica rúa pontevedresa Joaquín Costa.

O suceso, que tivo lugar ao redor das 13.30 horas deste mércores 7 de xuño, produciuse como consecuencia do rebentón dunha destas tubaxes e obrigou a intervir con urxencia aos operarios da empresa encargada do servizo da auga na cidade, Viaqua.

Como consecuencia do rebentón, a auga comezou a saír con forza dos sumidoiros provocando unha inundación localizada na zona traseira do Hospital Provincial, á altura da parada de autobuses.