O recibo do lixo de decembro será máis barato en Pontevedra por enviar menos toneladas a Sogama

Pontevedra
24 de maio 2022

O Concello de Pontevedra aplicará a todos os contribuíntes unha bonificación do 3,26% no recibo bimensual pola recollida do lixo de decembro

Un camión recollendo o lixo
Un camión recollendo o lixo / PontevedraViva

O Concello de Pontevedra aplicará a todos os contribuíntes unha bonificación do 3,26% no recibo bimensual de decembro pola recollida do lixo de decembro.

O concelleiro de Economía, Raimundo González, informou este martes que a Comisión de Facenda abordou a modificación da ordenanza fiscal pola recollida de residuos sólidos urbanos, que igual que en anos anteriores contempla unha baixada desta taxa.

Concretamente, o Concello de Pontevedra deixa de ingresar 202.583 euros, segundo os cálculos da tesourería municipal.

Segundo explicou González, "no bimestre que inclúe novembro e decembro se lle desconta a cada domicilio urbano 4,29 euros, a un comercio serían 8,19 euros e a un bar o restaurante serían 16,07 euros".

A redución é proporcional á taxa de recollida polo que será maior para un establecemento comercial ou un restaurante.

Esta bonificación aplicarase en decembro e obedece á orde da Consellería de Medio Ambiente que fixa o canon que aplica Sogama e que incentiva ás administracións locais para que se comprometan a reducir a produción de residuos e/ou a incrementar a reciclaxe dos envases lixeiros, en plena sintonía coas directrices da Unión Europea na materia.