O rei emérito volverá a Sanxenxo despois das eleccións para participar nunha regata

Sanxenxo
06 de xullo 2023

O rei emérito Juan Carlos ten previsto regresar a Sanxenxo para participar na regata programada os días 28, 29 e 30 polo Real Club Náutico, que decidiu pospoñer esta proba deportiva que orixinalmente estaba anunciada para o 10 de xullo

O rei emérito, a bordo do Bribón en Sanxenxo
O rei emérito, a bordo do Bribón en Sanxenxo / Mónica Patxot

O rei emérito Juan Carlos ten previsto regresar a Sanxenxo para participar na regata programada os días 28, 29 e 30 polo Real Club Náutico, que decidiu pospoñer esta proba deportiva que orixinalmente estaba anunciada para o 10 de xullo.

Trátase da regata que tivo que suspenderse o pasado mes de xuño pola previsión de mal tempo e que servirá ao Bribón para preparar o campionato mundial da categoría 6m que se celebrará a finais de agosto no Reino Unido.

Esta terceira visita a Sanxenxo desde a súa marcha a Abu Dabi e producirase poucos días despois das eleccións xerais.

Nesta ocasión, do mesmo xeito que sucedeu na súa segunda visita durante o mes de abril, espérase que Juan Carlos I siga mantendo un perfil discreto coa intención de normalizar as súas estancias en España.