O reitor rexeita "entrar en liortas políticas" polo uso do Hospital Provincial

Pontevedra
03 de marzo 2023

Este xoves celebrouse unha sesión ordinaria do Consello de Goberno da Universidade de Vigo, na que o reitor, Manuel Reigosa, manifestou novamente o seu apoio á proposta da Xunta que permitiría situar a futura Facultade de Enfermaría de Pontevedra no edificio que ocupa o Hospital Provincial

Sesión ordinaria do Consello de Goberno da Universidade de Vigo
Sesión ordinaria do Consello de Goberno da Universidade de Vigo / Universidade de Vigo

Este xoves celebrouse unha sesión ordinaria do Consello de Goberno da Universidade de Vigo, na que o reitor, Manuel Reigosa, manifestou novamente o seu apoio á proposta da Xunta que permitiría situar a futura Facultade de Enfermaría de Pontevedra no edificio que ocupa o Hospital Provincial. 

"Penso que a oferta da Xunta é moi boa e positiva", dixo Manuel Reigosa, que rexeitou "entrar en liortas política. Debemos estar fóra desta cuestión", dixo.

O reitor expresou a súa expectativa en que no curso 23/24 poida ser unha realidade a incorporación do alumnado de 1º curso ao novo centro. 

Reigosa lembrou que o campus de Pontevedra medrou nos últimos anos e precisa de servizos como unha residencia de estudantes, a reordenación do campus da Xunqueira, a cesión dos terreos de Tafisa ou a Facultade de Deseño, que iniciará a súa actividade no edificio de Benito Corbal.