O remate dos traballos do xardín da praza de España, pendente da choiva

Pontevedra
03 de febreiro 2014

As obras de restauración do xardín de entrada á Alameda, na praza de España, están a piques de rematar. Logo de facer os traballos de soterramento dos servizos e de xardinería, está pendente da recolocación de xabre nos pasillos centrais do xardín, pero este traballo non se pode realizar até que haxa unha raiola de bo tempo

Obras de axardinamento que se están a executar na Praza de España
Obras de axardinamento que se están a executar na Praza de España / Mónica Patxot

As obras de restauración do xardín de entrada á Alameda, na praza de España, están a piques de rematar. Logo de facer os traballos de soterramento dos servizos e de xardinería, está pendente da recolocación de xabre nos pasillos centrais do xardín, pero este traballo non se pode realizar ata que haxa unha raiola de bo tempo.

Según informan dende o Concello de Pontevedra, é preciso a compatación de todo ese terreo para o que se necesita tempo seco; igual que para instalar o mobiliario urbano, xa que ten que fraguar o cemento no que van ancladas as patas dos bancos.

Estes xardíns, situados ao redor do monumento aos Heroes de Ponte Sampaio, teñen un orzamento duns 150.000 euros. A previsión do goberno municipal era que os traballos estivesen concluídos antes de Nadal, pero as incesantes choivas retrasaron a reforma que en liñas xerais consistiu nunha combinación de árbores de gran tamaño, arbustos máis pequenos e flores de diferentes cores en cada un dos parterres.

Ademais do xardín propiamente dito, esta actuación permitiu tamén mellorar o sistema de recollida de pluviais para reducir o risco de inundacións na zona, instalar bordillos nas catro zonas verdes que formarán os xardíns para impedir o paso por encima deles, instalar o rego automático nas Palmeiras e contemplar a instalación de novo mobiliario urbano, especialmente bancos, nos seus arredores.

QUEIXAS POLO VALADO

O pasado mes de xaneiro o grupo municipal do PP reclamou o Concello que retire o antes posible o valado que rodea a estes xardíns "por su inestabilidad y por el riesgo que supone" para os viandantes. O concelleiro César Abal apuntaba que estes valos foron derrubados polo vento en máis dunha ocasión e as súas pezas metálicas poden causar danos.