O reparto a domicilio da praza de abastos de Vilagarcía farase nun coche eléctrico

O Salnés
30 de abril 2024

O Concello inviste 48.400 euros na acción que se financia a través dos fondos europeos Next Generation concedidos ao programa Vilagarcía Viva

Praza de Abastos de Vilagarcía
Praza de Abastos de Vilagarcía / Concello de Vilagarcía

O Concello de Vilagarcía vén de sacar a licitación a compra dun vehículo 100% eléctrico para poñer en marcha un servizo de reparto a domicilio dos produtos adquiridos na praza de abastos.

O contrato ten un prezo de saída de 48.400 euros, que o Concello financia cos fondos europeos Next Generation.

A posta en marcha do servizo de reparto a domicilio aos clientes do mercado público é unha iniciativa da Concellería de Promoción Económica que dirixe Álvaro Carou. 

No marco destas mesmas accións de modernización e mellora da eficiencia enerxética da praza de abastos, a semana pasada comezou a instalación do sistema fotovoltaico para autoconsumo colectivo na sala de abastos vilagarciá.

Tamén se iniciaron os traballos para a dotación dun punto de recarga para vehículos eléctricos na sala vilagarciá e outro na de Vilaxoán.

A actuación, tamén incluída no proxecto "Vilagarcía Viva", supón un investimento de 84.790 euros a financiar cos fondos europeos do Next Generation. Os traballos están sendo executados pola empresa Lumea Soluciones Eléctricas.