O reparto de entradas para os concertos de DVicio e París de Noia nas Festas do Carme de Marín, a partir do martes

Marín
04 de xullo 2021

A ocupación amplíase a 1.200 entradas para cada evento. Serán na zona do aparcamento da Praza de España, de pé, co uso obrigado de máscara e coa prohibición de beber, comer e fumar en todo o recinto. O reparto iniciarase o martes día 6 de xullo para Dvicio e o xoves 8 para París de Noia

Verbena piloto coa orquestra Marbella en Marín
Verbena piloto coa orquestra Marbella en Marín / Cristina Saiz

O Concello de Marín vai a iniciar esta semana o reparto das entradas para os concertos de Dvicio e París de Noia que se organizarán dentro da programación das festas do Carmen, o xoves 15 e o venres 16 de xullo. 

Marín decidiu comezar o reparto das entradas despois de avaliar o desenvolvemento da proba piloto realizada pola Xunta de Galicia en Marín coa Orquesta Marbella o pasado 19 de xuño. 

Para os novos concertos, a ocupación amplíase a 1.200 entradas para cada evento, repartidas en 3 sectores, calculado cunha superficie de 2 metros cadrados por persoa.

Os concertos volverán a realizarse na zona do aparcamento da Praza de España e volverán a ser de pé, co uso obrigado de máscara e coa prohibición de beber, comer e fumar en todo o recinto.

Tamén se volverá a repetir o sistema de reparto a través de 2 vías, online ou presencial. Haberá reparto online na web do Concello ou na plataforma Enterticket e presencial no Museo Manuel Torres, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.

O reparto iniciarase o martes día 6 de xullo para Dvicio e o xoves 8 para París de Noia. O máximo de entradas que poderá coller unha persoa é de 6.

Para conseguir unha entrada será necesario deixar o nome e o teléfono de contacto co fin de garantir o seguimento das persoas asistentes ao evento en caso de ser necesario por posibles contaxios de covid-19.

Ambos concertos darán comezo ás 22.30 horas, e as portas ao recinto abriranse ás 21 horas, pero como novidade, ás 22.30 horas anularanse as entradas das persoas con entrada que non accederan ao recinto ata ese momento, de maneira que queden a disposición das persoas que se acheguen ao recinto e que non teñan entrada, ata completar a capacidade.