O restaurante Culler de Pau, obrigado ao peche

O Salnés
30 de decembro 2013

O Concello do Grove precintará hoxe o único local con estrela Michelin da localidade arousana. O propietario, Javier Olleros, confía en que o goberno local axilice os trámites burocráticos do expediente de reposición da legalidade, para poder reabrir canto antes o establecemento. Para iso terá de demoler unha pequena parte do inmoble

Por carecer de licenza de apertura, ese é o motivo que esgrime o Concello do Grove para que hoxe luns se proceda ao precinto do restaurante Culler de Pau, o único con estrela Michelin que existe na localidade.

O propietario, Javier Olleros, confía en que o goberno local axilice os trámites burocráticos do expediente de reposición da legalidade, para poder reabrir canto antes o establecemento. Para iso terá de demoler unha pequena parte do inmoble.

Os problemas para Culler de Pau derivan do enfrontamento entre o construtor local, ÿscar Miniño, e o ex alcalde socialista do Grove, José Antonio Cacabelos e o seu concelleiro de Turismo, Jorge Olleros (irmán do estrela Michelin).

Segundo chegou a dicir o propio Cacabelos, o empresario local ÿscar Miniño "perségueme politicamente e como persoa a causa dun desmesurado afán de revancha e vinganza", o motivo segundo o ex alcalde era que lle expedientaran varias das súas obras e o Concello denunciouno por usurpar e pechar un camiño público.

Entre a multitude de denuncias presentadas polo construtor figuraba unha contra o local de Culler de Pau por abrir o público cunha simple licenza provisional de actividade.

O Tribunal Superior de Xusticia de Galicia deulle finalmente a razón ao construtor obrigando o Concello do Grove ao precinto ata que o propietario derrube un pequeno oco do local e obteña a licenza de actividade.