O río Lérez "bota por fóra"

Pontevedra
02 de abril 2014

Coincidindo coa preamar ás 18:46 horas deste mércores o río Lérez superou os seus niveis habituais desbordando á altura da ponte de As Correntes

Paseo asolagado baixo a ponte das Correntes
Paseo asolagado baixo a ponte das Correntes

Coincidindo coa preamar ás 18:46 horas deste mércores o río Lérez superou os seus niveis habituais desbordando á altura da ponte de As Correntes.

Apenas foron uns centímetros, suficientes para que unha vistosa lámina de auga enchese en cuestión de minutos o paseo peonil que comunica a avenida de Domingo Fontán coa parcela onde se situará o futuro Skate Park e onde se atopa o paso subterráneo á Xunqueira de Alba.

Non é a primeira vez na que este paso queda inutilizado ao ser asolagado pola auga, se ben na anterior ocasión coincidiu cun forte temporal.