O río Loira libérase da maleza

Marín
21 de agosto 2019

Augas de Galicia puxo en marcha actuacións de limpeza e conservación no río Loira, no Concello de Marín. As obras  inclúen a retirada das árbores, pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas 

Árbores caídas no río Loira
Árbores caídas no río Loira

Augas de Galicia puxo en marcha actuacións de limpeza e conservación no río Loira, no Concello de Marín, para eliminar a maleza e mellorar a situación do cauce.

As obras  inclúen a retirada das árbores, pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Este ente dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acometerá estes traballos de mantemento nos treitos interurbanos deste río ao seu paso polos lugares da Torre e Moledo, na parroquia de Seixo.

Esta acción enmárcase no programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

A Xunta, mediante este tipo de traballos, continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.