Miles de persoas asistían durante a noite deste martes ao concerto de apertura da XXI edición da Festa do Mar. Desta forma, o campo de fútbol de Río de Bois en Samieira enchíase de seguidores de El Combo Dominicano para asistir ao concerto desta banda, formada por integrantes de República Dominicana, dentro de La Gozadera Tour.
Este mércores 24, a música trasládase a Raxó onde está prevista a actuación da Orquestra Olympus, a partir das 22.00 horas. As persoas interesadas en asistir poden deixar os seus vehículos nos terreos alleos ao local de Cáritas, nas inmediacións da rotonda da PO-308 e nunha parcela lindeira.
O xoves 25, o escenario situado en Raxó tamén acollerá a actuación musical de Dr. Queen.