O Rotary Club de Pontevedra celebra, dentro do evento dos Premios Servir, que terá lugar o próximo día 1 de abril ás 21.15 horas no Hotel Galicia Palace de Pontevedra, unha cea solidaria para recadar fondos con destino aos damnificados polas consecuencias da guerra en Ucraína.
O acto é público e as invitacións pódense adquirir ao prezo de 40 euros, por medio de transferencia á conta de Rotary Club de Pontevedra. Para confirmar a asistencia á cea solidaria é necesario enviar un correo electrónico á dirección [email protected]
Así mesmo, hai habilitada unha Fila 0 na mesma conta bancaria, debendo indicar no concepto “Fila 0 + nome” co importe que se queira destinar a esta causa benéfica.