O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, visitou este venres a planta de Setga en Pontevedra para presentar os novos cadros de control da iluminación de todas as parroquias do rural pontevedrés.
Os cadros estarán integrados en monólitos personalizados para cada parroquia e pensados para unha plena integración coa contorna, explican desde a empresa, que desenvolveu todo o ciclo de fabricación desta tecnoloxía en Galicia.
Acompañado polo concelleiro Alberto Oubiña, Lores aproveitou a sía visita á central de Setga para repasar o investimento municipal na renovación lumínica do rural. "Temos a máís moderna tecnoloxía de iluminación que hai no mundo", dixo sobre os cabezais que iluminan xa a maior parte das vías públicas das parroquias do rural cun investimento que rolda os 400 euros por habitante.
A renovación dos farois non só supoñen un aforro enerxético próximo ao 75 %, tamén contribúe á redución da contaminación lumínica. "Neste mandato estarán cambiadas todas as luces no rural e con esta estética", destacó el regidor.
Sobre os monólitos desarrolados entre Cristaleria Pontevedresa e Setga, sinalou o alcalde que " haberá dez ou doce por parroquia". Actualmente están en execución cinco, que son Santa María de Xeve, Santo André de Xeve, Verducido, Mourente e Marcón. Ademais están xa adxudicadas as de Cerponzóns, Alba e Campañó.
Xa está renovada a iluminación de Ponte Sampaio, Canicouva, Alba e Lourizán e proximamente mellorarase o sistema en Tomeza, Salceso e Lérez.