Ao longo de todo este mes de xuño, o salón de plenos do Concello de Cambados acolle unha exposición que forma parte dunha actividade desenvolvida dentro da Escola Dores del Valle.
A mostra constitúe a segunda parte do curso de fomento da autoestima 'Namórate de ti', impartido pola pola orientadora Tegra Gómez e pola artista e fotógrafa Patricia Maquieira.
Durante as sesións participaron sete mulleres coa intención de reforzar valores persoais e daquela experiencia recóllense unha serie de fotografías artísticas cos corpos femininos naturais como elemento principal da proposta que busca potenciar a autoconfianza.
Cada unha das mulleres participantes no curso presenta dúas imaxes cada unha mostrando un perfil persoal, auténtico e exhibindo felicidade. A mostra finalizará o 30 de xuño cun acto de clausura, que axuda tamén a ofrecer experiencias destas mulleres.