O secretario comarcal de Comisións Obreiras en Pontevedra (CC. OO.), José Ramón Piñeiro, presentou unha querela contra o deputado socialista Carlos López Font por delitos contra a honra.
A denuncia perante o xulgado do penal foi interposta por Piñeiro o pasado día 22 de decembro contra este deputado que forma parte do grupo de goberno da Deputación de Pontevedra sendo delegado da área de Economía, Facenda e Réxime Interior.
A denuncia está fundamentada nas declaracións efectuadas polo representante do goberno provincial nas que mostraba o seu malestar por unha protesta organizada por este sindicato ás portas do Pazo Provincial durante o pleno do 20 de novembro no que se debatían os orzamentos para o 2021.
Carlos Font dirixía estas palabras ao dirixente sindical: "A José Piñeiro solo le vamos a decir dos cosas: no vamos a permitir más mentiras, más montajes y más difamaciones. Estamos hartos de sus mentiras. Comprendemos que lleve cinco años enfadado porque ya no puede hacer lo que le venía en gana por la puerta de atrás, pero que no nos obligue a sacar listados, con nombres y apellidos, que demuestren lo que hacía. Que no nos obligue", dixera o deputado.
Este martes o secretario comarcal de Comisións Obreiras en Pontevedra lembrou que outros sindicatos como a CIG e o CSIF e tamén o Partido Popular reclamaron a Font que se desculpase co representante de CC. OO. na Deputación ou que fixese públicos esas listaxes coas ilegalidades das que falaba ou en caso contrario sería "cómplice".
No seu momento Piñeiro enmarcou as declaracións de López Font no "nerviosismo y la presión que se puede ejercer en un pleno" unha tensión que puido estar "agravada" pola mobilización sindical que estaban a levar a cabo polo que "decidimos dejar un tiempo para que este señor escuchara las declaraciones que había hecho y viendo el daño causado con esas difamaciones y esas mentiras rectificara y pidiera perdón".
A rectificación non se produciu e José Ramón Piñeiro indicou que "está claro que esto es una estrategia fijada por la Diputación que lleva mucho tiempo con un objetivo claro que es tratar de amordazar al secretario comarcal de CC.OO." que ao mesmo tempo é tamén secretario da Xunta de Persoal da Deputación e secretario da sección sindical.
Piñeiro cre que lle queren "amordazar e impedir que realice su trabajo" algo que "no nos sorprende porque tampoco es la primera vez" e lembrou que "quien inicia el camino de las denuncias es este equipo de Gobierno", que xa presentou outras dúas polo penal contra o secretario comarcal de Comisións Obreiras, "siendo absuelto de las dos porque no hay fundamento para llevarlas adelante".
José Ramón Piñeiro acusou á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e ao deputado López Font de "matonismo político" y de "hacer lo que les da la gana" convencidos de que "tienen bula judicial, al entender que hagan lo que hagan no tienen ningún problema". Engade ademais que ambos os mandatarios están a levar a cabo un "sindicalismo gubernativo, mandándoles notas a los trabajadores para tratar de afear el trabajo que realiza Comisiones Obreras".
Por último, José Ramón Piñeiro reiterou que esta "estrategia" do goberno provincial constitúe un "estímulo" para Comisións Obreiras para seguir defendendo os compromisos adquiridos por este sindicato cos traballadores da Deputación.