O Sergas abrirá este sábado 25.000 autocitas para vacinar a mozos de 16 a 21 anos

Pontevedra
05 de agosto 2021

Concretamente, abrirase este desde as 9 horas do sábado 7 de agosto e ata as 23,30 horas do domingo 8; un total de 25.000 dose para os nados entre os anos 2000 e 2005, que se vacinarán a próxima semana. É unha franxa de idade na que se rexistra na comunidade "un incremento moi importante" de contagios no marco da pandemia

Vacinacións no Recinto Feiral de Pontevedra
Vacinacións no Recinto Feiral de Pontevedra /

"Nos próximos días imos abrir un número de ata 25.000 autocitas a mozos de entre 16 e 21 anos. Abrirémolo nos próximos días e anunciarémolo con antelación para seguir incorporando aos mozos con incidencia máis alta", así o anunciou este mércores o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Concretamente, abrirase este desde as 9 horas do sábado 7 de agosto e ata as 23,30 horas do domingo 8; un total de 25.000 dose para os nados entre os anos 2000 e 2005, que se vacinarán a próxima semana. É unha franxa de idade na que se rexistra na comunidade "un incremento moi importante" de contagios no marco da pandemia.

Para pedir autocita pódese facer desde un computador na dirección: cita.sergas.gal, ou no portal de saúde do Sergas. Tamén se pode solicitar desde un teléfono a través da APP Sergas móbil.

En declaracións aos medios en Ribeira, o titular do Executivo galego tamén aclarou en canto a quen non consigan autocita que se continuará coa chamada 'forzada' desde o Servizo Galego de Saúde (Sergas) por orde cronolóxica de idade.

O proceso de inmunización en Galicia avanza, conforme o ritmo de cada área sanitaria, na franxa etaria de 29 cara abaixo. Ademais, está a citarse por SMS a todos os cidadáns nados no ano 1999 e anteriores, e continúa aberta a autocita para os maiores de 40 anos.