Debido á situación epidemiolóxica actual o Servizo Galego de Saúde ten previsto realizar un cribado entre a poboación do Concello de Cuntis de entre 20 e 39 anos de idade, por ser neste momento a franxa de maior incidencia de contaxio.
Serán citadas mediante SMS un total de 654 persoas do municipio.
O cribado realizarase no pavillón municipal o vindeiro sábado 15 de maio entre as 9:00 e as 14:30 horas.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, informou que para evitar aglomeracións e facilitar o acceso ao recinto, estará prohibida a parada e o estacionamento na Rúa José María Lastra entre as 22:00 horas do venres e ata a finalización do cribado.
O comité clínico que asesora á Xunta na reunión mantida este martes acordou elevar o nivel de alerta en Cuntis así como en Ponte Caldelas, Moraña, que pasan ao nivel medio, no que segue Cerdedo-Cotobade.