O Sergas habilitará no Recinto Feiral de Pontevedra un punto para realizar probas de antíxenos á poboación

Pontevedra
25 de decembro 2021

O Concello de Pontevedra volve a poñer a disposición do Sergas as instalacións do Recinto Feiral para a atención dos usuarios da área sanitaria de Pontevedra. Esta semana, o Sergas trasladou ao Concello a necesidade de utilizar unha parte do Recinto Feiral, nesta ocasión, para realizar probas de antíxenos á poboación

Test de antíxenos na Praza de España
Test de antíxenos na Praza de España / Cristina Saiz

O Concello de Pontevedra volve a poñer a disposición do Sergas as instalacións do Recinto Feiral para a atención dos usuarios da área sanitaria de Pontevedra. Esta semana, o Sergas trasladou ao Concello a necesidade de utilizar unha parte do Recinto Feiral, nesta ocasión, para realizar probas de antíxenos á poboación. 

Logo de conversas entre o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o xerente da área sanitaria en Pontevedra, José Ramón Gómez, acordouse poñer a disposición do Sergas a parte alta do Recinto Feiral, de tal modo que os usuarios poderán entrar polo estacionamento superior do Pazo para realizar as probas.

A posta a disposición foi o pasado día 23, momento en que o xerente  se puxo en contacto co alcalde, polo que o seu uso sería inmediato. O tempo estimado da cesión será até finais de xaneiro.