O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, mantivo este luns un encontro co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para tratar a situación do centro de saúde de Ponte Caldelas.
Acompañado polo seu homólogo da Lama, Jorge Canda; o xerente da área sanitaria de Pontevedra, José Ramón Gómez; e a xefa de Atención Primaria da área, Belén Piñón; Díaz recibiu o compromiso de substituír ao médico titular tan pronto como se faga efectiva a súa xubilación. A cidadanía de Ponte Caldelas xa mostrara a súa preocupación porque tras a xubilación da anterior doutora só cubriuse a súa ausencia de forma parcial.
Sobre o servizo de pediatría, rexedor e conselleiro coincidiron na importancia de manter o servizo de forma diaria en Ponte Caldelas, cuxa poboación cerce cada ano. Actualmente, a titular do servizo atópase de baixa por maternidade e a súa substituta non ofrece consulta todos os días.
"A saúde e unha boa atención sanitaria é unha prioridade nos concellos rurais como Ponte Caldelas", declarou Andrés Díaz ao saír do encontro que se produciu na sede da Xunta en Pontevedra.