O Sergas mellora os accesos para vehículos no PAC de Cerdedo

Cerdedo Cotobade
07 de febreiro 2019

O centro de saúde foi ampliado hai un ano e dotóuselle de iluminación natural a través dunha gran fiestra e de conexión á rede telemática

Mellora de accesos no PAC de Cerdedo
Mellora de accesos no PAC de Cerdedo / Concello de Cerdedo-Cotobade

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) está a acometer unha mellora nos accesos do Punto de Atención Continuada (PAC) de Cerdedo, coa que se pretende favorecer a entrada dos vehículos de emerxencias e dos usuarios.

Esta actuación, que conta cun investimento de 12.000 euros, consiste na instalación dunha ampla marquesiña na zona da porta para minimizar os efectos da climatoloxía.

O alcalde, Jorge Cubela, dixo que "a situación das infraestruturas sanitarias e educativas é unha das nosas prioridades", e lembrou que hai xusto un ano o PAC cerdedense beneficiouse dun completo proxecto de ampliación das súas dependencias por parte do Sergas, que tamén incluiu a apertura dunha gran fiestra para impulsar a súa iluminación natural e a conexión á rede telemática de voz e datos do sistema sanitario galego.