O Sergas oferta 21 prazas fixas para médicos de atención primaria na área de Pontevedra por 65.000 euros ao ano

Pontevedra
31 de maio 2022

Concretamente aos de Virxe Peregrina -3 prazas- A Parda e Lérez en Pontevedra, Vilaboa, Moraña, Cambados -3 prazas-, Ribadumia, Marín -2 prazas-, O Grove, Ponte Caldelas, Meaño, Sanxenxo-Baltar e 4 prazas no centro de saúde de San Roque en Vilagarcía de Arousa

Consulta de Atención Primaria
Consulta de Atención Primaria / Xunta de Galicia

Este martes, 31 de maio de 2022, remata o prazo para a presentación de solicitudes á Oferta Pública de Emprego (OPE) realizada pola Xunta de Galicia, que consta de 106 prazas de médico especialista de Atención Primaria, das que 21 adscribiránse a 13 centros de saúde da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Concretamente aos de Virxe Peregrina -3 prazas- A Parda e Lérez en Pontevedra, Vilaboa, Moraña, Cambados -3 prazas-, Ribadumia, Marín -2 prazas-, O Grove, Ponte Caldelas, Meaño, Sanxenxo-Baltar e 4 prazas no centro de saúde de San Roque en Vilagarcía de Arousa.

Mediante esta OPE, cuxo proceso de selección se levará a cabo a través do sistema de concurso de méritos, Galicia convértese na primeira Comunidade en adoptar este sistema selectivo para captar médicos.

A convocatoria ten como obxectivo paliar o déficit de facultativos na Atención Primaria e tendo en conta as dificultades excepcionais relacionadas coa escaseza de profesionais médicos de familia, así como as actuacións previstas no Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021, e a necesidade de establecer cambios na prestación asistencial e na ordenación dos recursos humanos dos equipos de atención primaria.

En relación ás 106 prazas desta OPE, 73 delas corresponden á quenda de acceso libre, 6 resérvanse para o acceso de persoas con discapacidade e 27 á promoción interna. Así, poden participar neste procedemento todos aqueles MIR que estean no último ano de formación na especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria.

O salario medio previsto con dúas gardas/mes e xornada ordinaria de luns a venres en quendas de mañá ou tarde ou deslizantes (mañá/tarde días alternos), será de 65.000 euros ao ano.

Entre as características das novas prazas é salientable o caracter mixto que posúen no referido á prestación de servizos, pois combinarán a atención sanitaria nos centros de saúde como nos Puntos de Atención Continuada (PAC).

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora