A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés efectuará durante a mañá e tarde do domingo 2 de maio un novo cribado poboacional en Cambados, no pavillón de deportes do colexio San Tomé para detectar persoas asintomáticas portadoras do virus da covid-19.
Ademais realizarase a mesma proba no Concello de Barro durante os días 3 e 4 de maio. Serán citadas 1.460 persoas de entre 30 e 64 anos para detectar asintomáticos despois da aparición de novos casos en municipio. A toma de mostras realizarase no pavillón municipal de San Antoniño entre as 15.30 e as 20 horas.
Á proba, que consistirá nunha PCR con mostra nasofarínxea, están citadas 1.600 persoas con idades comprendidas entre 40 e 49 anos.
Para levar a cabo este cribado voluntario desprazaranse a Cambados catro equipos de enfermería en quenda de mañá e outros tres en quenda de tarde para velar polo cumprimento das normas de seguridade e a toma de mostras. Os resultados das mesmas comunicaranse mediante SMS, salvo nos casos positivos nos que o Sergas contactará directamente por teléfono co paciente.