O servizo de emprego trasládase á Casa Mariñeira de Don Fernando

Sanxenxo
01 de marzo 2021

A técnica de emprego municipal atenderá desde este luns, 1 de marzo, na oficina portonovesa en horario de 9 a 14 horas

O concelleiro Daniel Arosa e o alcalde Telmo Martín visitan a Casa de Don Fernando Concello de Sanxenxo

Co obxectivo de descentralizar os servizos municipais e prestar unha mellor atención aos veciños, desde o vindeiro luns a técnica municipal de Emprego atenderá na Casa Mariñeira de Don Fernando onde xa se atopan os departamentos de Deportes e Xuventude.

Na vila mariñeira tamén se atopa, pero noutro edificio municipal, a sede de Servizos Sociais e do Centro de Información á Muller.

Para mellorar a resposta de atención e coordinar as visitas presenciais, os interesados en realizar algún tipo de consulta deberán solicitar unha cita a través do correo orientacionlaboral@sanxenxo.es

Desde hai 15 anos, o Concello de Sanxenxo ofrece aos veciños unha atención e asesoramento personalizado en materia laboral e un Boletín semanal que recolle as ofertas de traballo do municipio e a comarca, tanto privadas como públicas de forma totalmente gratuíta, que resulta de gran axuda na difusión de ofertas e demandas laborais.

A técnica de Emprego atenderá na planta superior da Casa Mariñeira en horario de 9 a 14 hora