O Sindicato de Policía Portuaria vence nas eleccións sindicais no porto de Marín

Marín
17 de decembro 2019

Cinco sindicatos compartirán o comité de empresa da Policía Portuaria de Marín. Así o determinaron as eleccións sindicais celebradas este luns. O Sindicato de Policía Portuaria (SPPLB), que obtivo trece votos, foi o gañador destes comicios

Policía portuaria do Porto de Marín
Policía portuaria do Porto de Marín

Cinco sindicatos compartirán o comité de empresa da Policía Portuaria de Marín. Así o determinaron as eleccións sindicais celebradas este luns.

O Sindicato de Policía Portuaria (SPPLB), que obtivo trece votos, foi o gañador destes comicios. Recibiu o apoio do 15,85% dos traballadores que participaron nas eleccións e logrou un deputado. CC.OO e CGT quedaron a un voto e terán tamén un delegado.

O comité completarase co delegado que, cada un deles, obtivo CSIF e UGT, grazas aos seus once e os seus nove votos respectivamente.

Pola súa banda, CIG non logrou representación CIG, ao quedar con seis votos.

Estas eleccións sindicais caracterizáronse pola alta participación, xa que votaron o 80,49% dos traballadores da Autoridade Portuaria.